6/3/2008
Celebrou unha concentración diante da Consellaría de Educación
Delegados e delegadas de CIG-Ensino concentráronse na mañá de onte –mércores 5 de marzo–, ás 11:30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas. No decurso da mesma presentouse, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique esta decisión. De non atenderse por esta vía, a CIG anuncia a súa disposición a presentar un recurso contencioso-admnistrativo.
5/3/2008
Concentración, ás 11:30 diante da Consellaría de Educación
A CIG convoca para esta mañá –mércores 5 de marzo–, ás 11:30 horas, unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres universidades galegas. No decurso da mesma presentarase, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique este “atropelo ilegal”.
28/2/2008
Programa de apoio a pais no rural
As e os traballadores de Preescolar na Casa, representados polo seu Comité de Empresa a nivel galego, amosan a súa preocupación pola posíbel retirada do apoio a este programa por parte da Consellaría de Educación.
15/1/2008
Concentración de delegados/as o mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas diante da Consellaría
O pasado 27 de decembro, as organizacións sindicais do ámbito do ensino, CIG-Ensino, CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF, presentaban diante do presidente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria un escrito para reclamar un novo proxecto de orde sobre implantación da xornada única e demandar unha entrevista con carácter de urxencia. Ante a falta de resposta da Consellaría acordaron, de forma unitaria, convocar unha concentración de delegados/as e buscar o apoio dos claustros, dos consellos escolares e das ANPAs.
9/1/2008
Afirma que o decreto 124/2007 debe cumprirse en todos os centros de ensino non universitario
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, asegurou en rolda de prensa que o decreto 124/2007 de galeguización do ensino, promulgado o pasado verán, non se está a aplicar na maioría dos centros. Segundo os datos que manexa a asociación en defensa da lingua, os incumprimentos son especialmente graves no tocante ao idioma no que se imparten as aulas, e de xeito “masivo” en educación infantil.
22/12/2007
Todas as organizacións sindicais esixen a retirada do proxecto
Na Mesa sectorial docente, celebrada o venres 21 de decembro, a CIG-Ensino e todas as organizacións sindicais mantiveron unha única posición esixíndolle á Consellaría a retirada do proxecto presentado para a regulamentación dos criterios para a implantación da xornada única.