21/7/2008
A CIG presentou unha demanda de tutela do dereito de liberdade sindical e folga
Os traballadores e traballadoras do concello de Xinzo da Limia sumáronse, este martes 22 de xullo, á folga de dúas horas (das 12:30 ás 14:30) convocada pola CIG. Unha mobilización que tiña como obxectivo reclamar a negociación do convenio colectivo e que se definan as bases de contratación do persoal laboral temporal. Os traballadores tamén denunciaron os incumprimentos do concello en materia laboral.
21/7/2008
Demandan diálogo do goberno municipal
O persoal do concello de Vilariño de Conso vén
de convocar unha xornada de folga para este xoves, día 24 de xullo. Demandan do
goberno municipal que sente a negociar para facilitar o acordo e asinar un novo
convenio colectivo, fixar as bases de contratación do persoal do concello e a
Relación de Postos de Traballo. Non é a primeira vez que se mobilizan e, se non
hai avances nas negociacións, xa adiantan que tampouco será a última.
5/6/2008
Importante seguimento da folga
De novo o xoves 5 de xuño os traballadores e traballadoras de Telefónica volvían parar, por segundo xoves consecutivo, mentres se celebra en Madrid a mesa de negociación colectiva, contando cun bo apoio nesta segunda xornada de folga.
16/1/2008
Cinco traballadores levan xa dous meses sen traballo efectivo por pedir mellores condicións laborais
Traballadores de Transportes Rial SL concentráronse diante da empresa para denunciar a precariedade laboral que padecen e demandar unhas condicións de traballo dignas. Como medida de presión os traballadores acordaron pór en marcha unha campaña informativa entre os veciños e veciñas de Negreira para dar a coñecer a súa situación.