14/5/2008
Maré azul polo idioma
Trinta e cinco centros de ensino participaron nesta edición do Correlingua na cidade de Vigo, que xuntou a milleiros de rapaces e rapazas polo uso do galego nesta cidade.
8/5/2008
Nin a chuvia é quen de disuadir esta actividade de fomento do uso do galego
Este xoves, día 8 de maio celebrouse o Correlingua do Salnés en Vilagarcía, no que participaron máis de 1000 rapaces e rapazas de 14 centros de ensino dos concellos de Vilagarcía, Vilanova, Illa de Arousa, Cambados, Sanxenxo e Ogrobe.
6/5/2008
ESTUDANTES DO BIERZO ESTRÉANSE NESTA CARREIRA POLO IDIOMA
5.000 rapaces e rapazas procedentes de corenta centros de ensino das comarcas de A Coruña, As Mariñas, Eume, Bergantiños e Costa da Morte participaron o 6 de maio na cidade herculina na xornada inaugural do Correlingua 2008. Por primeira vez, unha delegación de estudantes do Bierzo tomou parte na carreira, que este ano leva por lema “365 días: en galego cabe todo”.
21/4/2008
As carreiras pola lingua comezarán o 6 de maio na Coruña e rematarán o 16 en Ourense
Compostela vén de
acoller a presentación da edición 2008 do Correlingua, unha actividade que se
celebra de xeito regular desde o 2000, consistente en diferentes carreiras a
prol do galego que se celebran en 13 vilas de Galiza, e na que se prevé unha
participación de preto de 40.000 rapaces e rapazas procedentes da maioría de
centros educativos de todo o país.