4/7/2008
A sentenza recoñece que tanto a quilometraxe como a carga de traballo era excesiva
O Xulgado do Social nº1 de Ferrol vén de
revogar a sanción de suspensión de emprego e soldo dun mes á traballadora
eventual de Correos que presta os seus servizos na zona do Seixo, dependente da
Oficina de Fene. Correos deberá reporlle o salario de 1.301 euros que deixou de
percibir no mes de abril, cando se cumpriu a sanción.
2/7/2008
Os combustíbeis aumentaron un 40% e Correos só subiu nun 4% a aportación pola utilización dos coches dos traballadores
Delegados da CIG-Correos de toda Galiza concentraranse en A Coruña o 2 de xullo diante da Delegación do Goberno español para reclamar a actualización dos suplidos por aportación do vehículo para os carteiros das zonas rurais que empregan o seu coche particular no reparto. Estes empregados chegan a pór até 100 euros mensuais do seu peto no desempeño do seu traballo.
26/6/2008
Anuncian unha campaña de mobilizacións contra a precariedade laboral
Redución de persoal, salarios indecentes,
precariedade laboral, procesos de contratación irregulares e redución do
servizo de reparto coa aplicación do decreto polo que se crean os chamados ‘contornos
especiais’. Así retrata CIG-Correos a situación laboral e a calidade do servizo
desta entidade. Por iso vén de anunciar unha campaña de mobilizacións que se
iniciou este mesmo xoves cunha concentración diante das dependencias que
Correos ten en Compostela, neste caso, para denunciar o escurantismo nas contratacións de persoal eventual.
16/6/2008
A primeira concentración celebrouse o pasado xoves 12 de xuño
CIG-Correos vén de
pór en marcha unha campaña en demanda do reforzamento do cadro de persoal desta
entidade no concello de Ames. A campaña comezou cunha concentración celebrada o
pasado xoves, 12 de xuño e continuará con mobilizacións que se desenvolverán ao
longo do ano.
9/5/2008
SÓ 18 CARTEIROS ATENDEN 35.000 HABITANTES EN CULLEREDO E O TEMPLE (CAMBRE)
A CIG-Correos esixe unha resposta inmediata por parte da Dirección de Correos ante a situación que se está a vivir no Concello de Culleredo e na localidade de O Temple (Cambre), para que amplíe o número de carteiros no Centro de Reparto de O Burgo en 8 traballadores (6 para Culleredo e 2 para O Temple) e abra unha oficina de atención ao público na zona de O Burgo. A metade dos envíos que entran no Centro de Reparto de O Burgo non se distribúe aos seus destinatarios.
1/3/2008
Exixiron un servizo público, galego e de calidade
Os traballadores e traballadoras de Correos, convocados por CIG-Correos, percorreron, o pasado xoves día 28 de febreiro, as rúas compostelás en demanda dunhas condicións laborais e salariais dignas. Ademais, exixiron que o servizo de Correos sexa público, galego e de calidade. A manifestación partiu ás 18:00 horas da Praza de Cervantes e rematou na Praza do Toural.