27/11/2008
Ten por lema "O sindicalismo galego pola soberania nacional"
O sábado 29 de novembro no Hotel Coia (Sanxenxo, 1), na cidade de Vigo, terá lugar o II Congreso da FGAMT, xa que foi hai catro anos cando se unificaron estas catro federacións; Alimentación, Mar, Transporte e Telecomunicacións. A xornada de encontro e traballo, que conforma esta cita congresual, leva por lema "O sindicalismo galego pola Soberanía Nacional".
13/11/2008
Máis de 15.000 persoas sairon ás rúas no noso país
As manifestacións en Vigo, A Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense e Viveiro convocadas pola CIG na noite do 13 de novembro mobilizaron a máis de 15.000 persoas contra a crise económica e a falta de medidas reais das administracións e apoio aos traballadores e traballadoras. Nestas marchas reclamouse que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.
12/11/2008
Manifestacións nas sete cidades e A Mariña entre as 19:30 e as 20:30 horas deste xoves día 13 de novembro
Con manifestacións simultáneas nas sete
cidades de Galiza e A Mariña culmina a primeira etapa da campaña que a CIG puxo
en marcha para denunciar aos responsábeis da actual situación de crise
económica e as repercusións que terán, para a clase traballadora, as medidas
adoptadas até o de agora polos distintos gobernos. Unha campaña na que se
demanda que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e
que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a
maioría social.
11/11/2008
Participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo
O luns 10 de novembro tivo lugar a rolda de prensa de presentación da mobilización convocada pola CIG para o próximo 13 de novembro "Por un novo modelo económico e social" e para que "A crise a pague o capital", na comarca de Vigo. Asi, informouse de que esta será a manifestación central da organización sindical nacionalista, que contará coa presenza do secretario xeral da CIG, Suso Seixo. Esta marcha sairá ás oito da tarde de Vía Norte e rematará o seu percorrido na Porta do Sol.
11/11/2008
13 de novembro: xornada nacional contra a crise
A manifestación da CIG da Coruña do 13 de novembro partirá ás 20:00 horas desde a Praza da Palloza. A cita foi presentada ante os medios de comunicación locais por Paulo Carril, secretario comarcal da central nacionalista, que os informou das consecuencias da crise no emprego da bisbarra.
5/11/2008
As/os interesados/as poderán anotarse até o martes 11 no local da central no Barco ou chamando por teléfono
A CIG-Valdeorras fai un chamamento a todas/os
as/os traballadoras/es para que acudan masivamente o vindeiro xoves día 13 de
novembro a manifestarse en contra do
capital e a especulación empresarial. Para facilitar a participación, a central
porá un autobús gratuíto que sairá ás 17:30 horas do Concello do Barco e
regresará ao mesmo lugar ao remate da mobilización.