28/6/2008
CIG – Servizos anima a cidadanía a boicotear o Restaurante Lenda, en Culleredo
A CIG-Servizos de A Coruña prosegue coa campaña de denuncia do despedimento dun cociñeiro do Restaurante Lenda, na Corveira (Culleredo), que foi botado polo xefe logo de que se acollese a unha licenza por enfermidade grave da muller. Na noitiña do 27 de xuño, os bombos, tambores e megáfonos volveron atronar ás portas deste local hostaleiro para deixar constancia entre a veciñanza e clientela da indecencia e falta de humanidade do propietario do Restaurante Lenda, Manuel Rey Luhía.
2/6/2008
Corenta persoas uníronse a unha protesta da CIG – Servizos fronte a este local hostaleiro
O Restaurante Lenda, sito na Corveira (Culleredo), despediu un traballador que fixo uso dunha licenza cando a súa muller caeu gravemente enferma. Este despedimento, á parte de inxusto, é improcedente pois o Convenio Provincial de Hostalaría recoñece o dereito dos traballadores a gozar de licenzas en caso de que os seus cónxuxes estean enfermos ou hospitalizados, como ocorreu neste caso.
9/5/2008
SÓ 18 CARTEIROS ATENDEN 35.000 HABITANTES EN CULLEREDO E O TEMPLE (CAMBRE)
A CIG-Correos esixe unha resposta inmediata por parte da Dirección de Correos ante a situación que se está a vivir no Concello de Culleredo e na localidade de O Temple (Cambre), para que amplíe o número de carteiros no Centro de Reparto de O Burgo en 8 traballadores (6 para Culleredo e 2 para O Temple) e abra unha oficina de atención ao público na zona de O Burgo. A metade dos envíos que entran no Centro de Reparto de O Burgo non se distribúe aos seus destinatarios.