marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
decreto de bacharelato
20/6/2008 CIG-Ensino continuará a defender a súa reforma
08/05/14 CIG-Ensino
O Consello da Xunta aprobou o Decreto de Bacharelato no Consello da Xunta sen proceder a rectificar as graves carencias que posúe e mesmo os seus erros manifestos, que obrigarán en breve a ter que modificar o seu contido, que foi froito de atender as presións de intereses alleos ao ensino, como é o caso da xerarquía da igrexa, no canto de escoitar as demandas da comunidade educativa.
19/6/2008 CIG-Ensino cualifica a actitude da consellaría de “ineptitude” e “autoritarismo”
08/05/14 CIG-Ensino
A Consellaría de Educación vai clausurar o curso o día 20 e vén de abrir a matrícula para o Bacharelato. Porén, aínda non ten aprobado o novo Decreto do currículo polo que se vai ordenar o Bacharelato para o curso vindeiro. Esta situación agrávase, aínda máis, porque o propio proxecto de Decreto derroga a Orde que regula as optativas e a Consellaría non presenta, nin sequera, o borrador dunha nova.
30/5/2008 Tamén aprobaron unha emenda para restabelecer a xornada reducida de 4 horas
CIG-Ensino. Concentración lúdico-reivindicativa 1
As Xuntas de Persoal Docente non Universitarias, órganos de representación do profesorado, das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, que representan a 13.000, 4.500 e 11.000 docentes respectivamente, veñen de aprobar unha resolución presentada pola CIG-Ensino en demanda dun bacharelato máis compensado, laico e de calidade. Ademais aprobaron unha emenda para restabelecer a xornada reducida de catro horas nos centros de Infantil, Primaria e CEIPs.
21/5/2008 Os alumnos de Filosofía sumáronse á concentración
Por outro decreto de bacharelato 1
Continuando coas mobilizacións en demanda doutro decreto de bacharelato, na mañá deste mércores 21 de maio, representantes da CIG-Ensino entregaron no rexistro da consellaría de Educación, preto de 2.700 sinaturas -que veñen sumarse ás xa entregadas e que se incrementarán coas que se recollan nos vindeiros días- en apoio a esta solicitude. Previo o acto de entrega celebrouse unha concentración en San Caetano á que se sumaron alumnos de Filosofía denunciando entre outras cousas que “a consellaría mata a Filosofía”.
19/5/2008 O martes 20 de maio en diferentes Institutos de Educación Secundaria de Galiza
CIG-Ensino. Concentración lúdico-reivindicativa 4
Con esta acción a CIG-Ensino dá continuidade ás mobilizacións que, desde o 24 de abril, ven desenvolvendo xunto co profesorado afectado para conseguir que a Consellaría asuma as propostas que se teñen feito, co obxecto de que o futuro Bacharelato sexa máis laico, compensado e de maior calidade.
14/5/2008 Mestres a alumnos de filosofía sumáronse ao acto
CIG-Ensino. Concentración lúdico-reivindicativa
A CIG-Ensino protagonizou na mañá deste mércores 14 de maio un acto lúdico-reivindicativo en demanda de modificacións no Decreto de Bacharelato, para que a relixión se imparta fóra das horas comúns a todo o alumnado e que se incremente o horario de Filosofía e Historia. Anxo Louzao denunciou o escaso ‘talante’ democrático da conselleira e a falta de valentía para avanzar nun ensino de calidade, galego e laico.