25/6/2008
Considera alarmante e antidemocrático que se impedira o seu debate social
O Congreso dos
Deputados aprobaba, este xoves 26 de xuño, o proxecto de Lei Orgánica polo que se autoriza a
ratificación do Tratado de Lisboa, cos votos a favor do PSOE, PP, CIU, PNV e Coalición Canaria. Só votaron en contra o BNG, ERC e IU e abstivéronse ICV e Na-Bai. Para a CIG é alarmante que se teña furtado a posibilidade de debater sobre os contidos dun texto do que apenas se deu información a poboación e antidemocrático que se teña optado pola vía parlamentaria e non polo referendo para a súa ratificación. A CIG lembra que estaba prevista a ratificación deste Tratado no Congreso tras das vacacións e critica que se adiantara facéndoo coincidir coa Eurocopa, para desviar a atención cara o fútbol, como se facía en tempos pasados.
17/6/2008
Entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza
Representantes da CIG fixeron entrega, este martes día 17 de xuño, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo
electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a
retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido
explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do
Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran
declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.