3/7/2008
Tamén están imputados os responsábeis das empresas HELICSA e REMASA
O Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol vén de admitir a trámite a querela criminal presentada pola CIG contra sete altos cargos do Ministerio de Fomento e contra os máximos responsábeis das empresas HELICSA e REMASA pola súa actuación no naufraxio do “Cordero”. A central entende que todos eles cometeron delitos de “homicidio imprudente por omisión” e “contra os dereitos dos traballadores”.
27/5/2008
Esta empresa de ambulancias obrigou un condutor a traballar como padioleiro pese a que sabía que padecía de hernia discal
A CIG Transporte presentou, o 27 de maio no Palacio de Xustiza de A Coruña, un escrito na Fiscalía contra o encargado e o xerente da empresa de ambulancias “Servicios Sanitarios de La Coruña”, ao estimar que son autores dun delito de lesións por imprudencia e doutro de risco.
28/3/2008
A central tamén denunciou dous responsábeis de empresas adxudicatarias de servizos de Salvamento Marítimo
A CIG presentou o 28 de marzo unha querela criminal contra sete altos cargos do Ministerio de Fomento e contra os máximos responsábeis das empresas HELICSA e REMASA pola súa actuación no naufraxio do “Cordero”. A central entende que todos eles cometeron delitos de “homicidio imprudente por omisión” e “contra os dereitos dos traballadores”.
19/2/2008
Inicia campaña de denuncia
Nunha rolda de prensa que tiña lugar o venres 18 de febreiro no local sindical da CIG de Ourense, o secretario comarcal, Etelvino Blanco, e Anxo Pérez Carballo, técnico en Prevención de Riscos da Central Sindical, presentaron unha campaña para denunciar a situación dos traballadores nas obras de derrubo de edificios antigos, onde existe amianto, sen tomar medidas de protección.
5/2/2008
“Tan perigoso é conducir bébedo como sen durmir”, afirma Xesús Pastoriza
CIG-Transporte ten constancia de que as empresas da Asociación Anetra e do Grupo Vázquez nin están a utilizar disco tacógrafo para controlar os tempos de condución dos seus traballadores, nin levan, no seu defecto, o Certificado de Actividades. Por iso contactarán coa Federación Galega de APAS, coa Dirección Xeral de Transportes, coa Dirección Xeral de Tráfico e coa Inspección de Traballo para exixir que se extremen as medidas de control, ao igual que se fixo no seu momento cos controis de alcoholemia.