16/5/2008
COMITÉ, SINDICATOS E O RESPONSÁBEL DE RECURSOS HUMANOS DA EMPRESA REUNIRANSE O 27 DE MAIO
Os traballadores de MARTINSA - FADESA de A Coruña proseguen co calendario de mobilizacións contra o desmantelamento da sede na cidade. O 16 de maio concentráronse diante da empresa e despregaron faixas nunha das pasarelas da avenida Alfonso Molina. As protestas do cadro de persoal repetiranse o 23 de maio.
23/4/2008
A CIG CRITICA O ALCALDE POR QUERER REUNIRSE ANTES COA EMPRESA QUE COS TRABALLADORES
Case un centenar de traballadores da sede coruñesa de MARTINSA-FADESA uniuse, o 23 de abril, á concentración convocada polo comité de empresa para denunciar a perda de postos de traballo e o posíbel desmantelamento da delegación da inmobiliaria na cidade herculina.
21/4/2008
A PROTESTA ESTENDERASE DESDE AS 14:00 ÁS 14:20 HORAS
A asemblea de traballadores de MARTINSA-FADESA acordou esta tarde realizar unha concentración ás portas da empresa este mércores, 23 de abril, desde as 14:00 ás 14:20 horas. Con esta primeira medida de protesta, o comité e o conxunto dos traballadores queren evidenciar a súa oposición total aos novos despedimentos proxectados pola inmobiliaria a ao posíbel desmantelamento da súa sede en A Coruña.