28/6/2008
CIG – Servizos anima a cidadanía a boicotear o Restaurante Lenda, en Culleredo
A CIG-Servizos de A Coruña prosegue coa campaña de denuncia do despedimento dun cociñeiro do Restaurante Lenda, na Corveira (Culleredo), que foi botado polo xefe logo de que se acollese a unha licenza por enfermidade grave da muller. Na noitiña do 27 de xuño, os bombos, tambores e megáfonos volveron atronar ás portas deste local hostaleiro para deixar constancia entre a veciñanza e clientela da indecencia e falta de humanidade do propietario do Restaurante Lenda, Manuel Rey Luhía.
27/6/2008
Galiza non terá un marco de negociación propio e diferenciado
MARTINSA-FADESA anuncioulles aos representantes sindicais e membros do comité de empresa en A Coruña que despedirá 60 traballadores na cidade, a mesma cifra que pactara semanas atrás coa Consellaría de Traballo. CCOO, sindicato maioritario no comité, consinte este plan, do mesmo xeito que a pretensión da empresa de trasladar a Madrid a mesa de negociación sen que nesta teñan un papel propio os representantes do cadro de persoal de A Coruña.
27/6/2008
Os empregados secundan un paro e volven concentrarse diante da sede
O comité de empresa provincial da Cruz Vermella de A Coruña reitera as súas denuncias pola paralización da negociación do convenio colectivo. A dirección da ONG segue sen presentarlle á parte social unha nova proposta salarial e, aínda por riba, despediu unha empregada hai días alegando que “non hai cartos para manter o emprego”.
26/6/2008
Consideran indignante que Touriño diga estar preocupado polo emprego feminino pero as ignore
As traballadoras de Galicia Dixital volveron a concentrarse diante das instalacións
desta exposición permanente, na Praza da Inmaculada en Compostela para,
posteriormente marchar cara o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San
Caetano. Denuncian que a concesionaria depende da Secretaría Xeral de
Comunicación, que a súa vez depende de Presidencia, pero que Touriño, máis alá
de utilizar o tema do emprego feminino nos discursos non fai esforzo algún por
solucionar a súa situación.
17/6/2008
Os obreiros traballaban nas obras do porto exterior
Grúas Usabiaga despediu dous operarios que traballaban nas obras do porto exterior de A Coruña, logo de que se negasen a realizar horas extraordinarias sen remunerar. A central nacionalista denunciará a empresa e a UTE-Langosteira nos xulgados do Social.
10/6/2008
Celebrado o primeiro dos xuízos por despedimentos de obreiros inmigrantes
A CIG de Ferrol solicita a intervención do Ministerio Fiscal en Eshor por unha “fraude masiva aos traballadores, a Facenda e á Seguridade Social”, pois a construtora obriga a asinar baixas voluntarias a moitos dos seus empregados estranxeiros e despide aqueles que sofren un accidente laboral ou caen enfermos.