5/7/2008
Desde o 14 de xuño
Os traballadores do servizo de limpeza do Concello de Nigrán anunciaron a convocatoria de folga, que terá carácter indefinido, a partir do 14 de xuño. Estes empregados demandan un convenio colectivo digno que recolla as súas demandas laborais e sociais.
24/6/2008
Os dous son afiliados á CIG
O martes 24 de maio comezou unha folga indefinida no centro de traballo de Barreras da empresa Montajes Nervión SA (Monesa) polo despedimento de dous traballadores, afiliados á CIG. A folga é de dúas horas, de 10. 15 a 12.15 e o seguimento está a ser total.
20/6/2008
Consideran que a administración segue sen atender as súas demandas
O colectivo de veterinarios da Xunta de Galiza vén de convocar para os
días 24 e 25 de xuño xornadas de folga de 24 horas en demanda dunha mellora
efectiva dos servizos veterinarios da administración e das súas condicións
laborais. Son máis de 600 traballadoras/es que dependen da consellaría de Presidencia,
e desenvolven a súa actividade para as consellarías de Sanidade, Medio Rural,
Pesca e Medio Ambiente.
12/6/2008
Denuncian a perda de dereitos
Os empregados de Telefónica secundaron novamente o 12 de xuño paros de tres horas
e media en cada unha das quendas de traballo para denunciar a intención da
empresa de modificar as condicións salariais do cadro de persoal.
5/6/2008
Importante seguimento da folga
De novo o xoves 5 de xuño os traballadores e traballadoras de Telefónica volvían parar, por segundo xoves consecutivo, mentres se celebra en Madrid a mesa de negociación colectiva, contando cun bo apoio nesta segunda xornada de folga.
5/6/2008
Acordo en Madrid
O mércores 4 de maio os traballadores de Schindler chegaron a un acordo, despois dunha mediación que tivo lugar en Madrid. O obxectivo da mobilización e dos paros conseguiuse xa que despois deste acordo a empresa retomará a negociación do convenio colectivo, que tiña bloqueado desde marzo.