marco
Artigos de opinión
Terremoto de longa duração
Boaventura de Sousa Santos
Consiste na convulsão social e política que vai decorrer da destruição progressiva do chamado modelo social europeu – uma forma de capitalis...
Crônica da estagflação anunciada
Celso Lungaretti
A que se deve este apagão na economia mundial, após tantos anos de crescimento significativo? Será que tudo se reduz mesmo a um mero desleixo d...
Europa: A Presidência francesa
Ilda Figueiredo
A Presidência Francesa do Conselho da União Europeia iniciou o seu mandato num momento muito complexo da sua evolução, com posições cada vez...
Novas escravidões
Eduardo Bomfim
represión sindical
28/6/2008 CIG – Servizos anima a cidadanía a boicotear o Restaurante Lenda, en Culleredo
Contra as represalias no Restaurante Lenda 3
A CIG-Servizos de A Coruña prosegue coa campaña de denuncia do despedimento dun cociñeiro do Restaurante Lenda, na Corveira (Culleredo), que foi botado polo xefe logo de que se acollese a unha licenza por enfermidade grave da muller. Na noitiña do 27 de xuño, os bombos, tambores e megáfonos volveron atronar ás portas deste local hostaleiro para deixar constancia entre a veciñanza e clientela da indecencia e falta de humanidade do propietario do Restaurante Lenda, Manuel Rey Luhía.
2/6/2008 Corenta persoas uníronse a unha protesta da CIG – Servizos fronte a este local hostaleiro
Represión no Restaurante Lenda 1
O Restaurante Lenda, sito na Corveira (Culleredo), despediu un traballador que fixo uso dunha licenza cando a súa muller caeu gravemente enferma. Este despedimento, á parte de inxusto, é improcedente pois o Convenio Provincial de Hostalaría recoñece o dereito dos traballadores a gozar de licenzas en caso de que os seus cónxuxes estean enfermos ou hospitalizados, como ocorreu neste caso.
2/6/2008 Ante a persecución sindical
Fundación Valdegodos 1
Unha vez mais, a Unión Local da Confederación Intersindical Galega (CIG) en Valdeorras vese na obriga de dirixirse á opinión pública para denunciar as agresións da Fundación Valdegodos contra os traballadores e, mais en concreto, contra os delegados de persoal electos nas listas da CIG.  
12/5/2008 A EMPRESA BOTOU 20 TRABALLADORES NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS
Stolt Sea Farm
Stolt Sea Farm, multinacional norueguesa da acuicultura, despediu un traballador veciño de Quilmas, con máis de 15 anos de antigüidade na empresa e que na actualidade está de baixa médica por mor de problemas de saúde motivados polo gran estrés laboral que padece. Stolt Sea Farm botou, nos últimos catro anos, 20 empregados nas plantas galegas.
25/4/2008 O SINDICALISTA RECORRERÁ A SENTENZA
Pintos
O Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol condenou o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, a unha multa de 90 euros como autor “dunha falta de coaccións” por lle recriminar ao encargado dunha obra en Mugardos da construtora “OYC Compostela” que catro operarios portugueses levasen mes e medio sen cobrar. López Pintos recorrerá a sentenza, que tamén o obriga a aboar as costas procesuais.
25/4/2008 Represión sindical na Construción
Autoestrada do Atlántico
Os traballadores do servizo de mantemento das insfraestruturas da autoestrada do Atlántico decidiron en asemblea que irán á folga de non mudar a empresa a actual situación, na que tres traballadores foron despedidos durante o proceso previo ás eleccións sindicais.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS