
Oferecemos neste espazo vídeos de catro personalidades da esquerda en
Bolivia, que apoian o proceso de cambio neste país de América Latina,
liderado polo presidente Evo Morales. Coidamos que son de gran interese
as súas opinións nun intre no que a confrontación cos sectores
conservadores da sociedade (que queren preservar os vellos privilexios
das clases dominantes) fai ferver a loita de clases. As intervencións
foron realizadas no 12º Seminario “Os partidos políticos e a nova
sociedade” realizado os días 13, 14 e 15 de marzo na cidade de México,
por iniciativa do Partido do Traballo (PT) desta nación.
As intervencións de Bolivia que se recollen son:
* Marcela Revollo, deputada da Asemblea Constituínte polo MAS (Movemento ao Socialismo).
* César Navarro Miranda, deputado no Congreso polo MAS.
* Hugo Moldiz, xornalista e primeiro secretario de Patria Socialista Movemento Guevarista de Bolivia.
* Marcos Domich, secretario de Relacións Internacionais do Partido Comunista de Bolivia.