Por
boca de quen ostenta as máximas responsabilidades na patronal española, os
empresarios volveron falar sobre a crise e xa atoparon o seu chibo expiatorio
particular: os traballadores e traballadoras. A estas alturas do partido, esa
sinceridade súa é case de agradecer. Á fin e ao cabo, o que se explicita non é
só unha simple opinión, senón unha receita, e como tal, a intención da patr...
A
cuestión é se hai solución ou non dentro do sistema á actual crise económica,
porque o sistema está mancado, e non pouco. Ideólogos e estrategas do
capitalismo traballan afanosamente por buscaren saídas que poidan corrixir o
rumbo da situación, sen a penas mover un centímetro os principios intocábeis
dos seus dogmas económicos. O problema, para eles, non está no sistema, senón nos...
Arremedando
aqueloutro manifesto do ano 1981, o coñecido como “Manifiesto de los 2.300”
(que encabezaban individuos como Jiménez Losantos ou Amando de Miguel), un novo
manifesto percorre a pell de brau
(pel de touro, como a definira o poeta catalán Salvador Espriu). Se o
“Manifiesto de los 2.300” só se refería á lingua catalá, tentando trasladar á cidadanía
unha opinión contrari...
Nestes tempos de globalización neoliberal, en
aberta crise sistémica, e de exacerbación españolista, futbol mediante, Galiza
celebra o seu Día da Patria, chamado así polos que somos e nos sentimos
nacionalistas, ou tamén o seu Día Nacional, proclamado deste xeito nos momentos
vougos da primeirísima etapa autonómica. Un día, en fin, que celebra a nosa
existencia e persistencia como terr...
Tal como era de prever, e malia os chamamentos á
reflexión habidos -como o do presidente boliviano Evo Morales-, o Parlamento
Europeo acaba de aprobar (18 de xuño de 2008), sen modificación ningunha, a mal
chamada Directiva de retorno dos inmigrantes. Unha Directiva vergoñenta que
cheira a neofascismo máis ou menos encuberto.
A fantasmagórica
Europa, por medio dunha maioría relativa...
A desgrazada
morte nos últimos días de catro traballadores portugueses nas estradas galegas
está a provocar unha torpe resposta por parte das diferentes administracións. E
digo torpe pois só se pode cualificar así unha resposta que se limita a poñer
máis controis de tráfico, por parte da Garda Civil, nas rutas dos operarios do
país veciño que veñen a gañar o sustento a Galiza...