Confederación Intersindical Galega - Avantar - Santiago 5/5/2008
A sala da Galería Sargadelos de Ferrol acolle, ás 20:00 horas deste martes día 6 de maio, un acto en homenaxe á compañeira sindicalista da CIG Marga Bellas Miragaya. No decurso da homenaxe están previstas as intervencións de Mabel Charquero, pola asociación ASMIREFE; Laura Bugallo, pola CIG; Miguel Blanco, pola Asemblea Galega de Imigración; Beatriz Sestayo, polo Concello de Ferrol. Xunto a estas haberá tamén pequenas intervencións de persoas que achegarán as súas voces a esta compañeira sindicalista, feminista e loitadora a prol dun outro mundo que si é posíbel. Entre estas cabe salientar ao poeta Monterroso Devesa. A presentación do Acto correrá a cargo de Lois Rico.