A CIG conseguiu maioría absoluta no departamento de distribución de Almacenes Casán, empresa maiorista de produtos de alimentación e limpeza que abastece os supermercados do Grupo Gadisa. A central nacionalista logrou uns resultados históricos pois esta foi a primeira ocasión en que presentou lista e, ademais, USO era o único sindicato con representación na compañía.
O departamento de distribución de Almacenes Casán está situado no Polígono de Piadela, en Betanzos, e dá traballo a 429 empregados. Nas presentes eleccións participou o 63% do cadro de persoal.
| |
Colexio de Especialistas |
Colexio de Técnicos e Administrativos |
TOTAL |
| Votos |
Delegados |
Votos |
Delegados |
Votos |
Delegados |
| CIG |
180 |
8 |
- |
- |
180 |
8 |
| USO |
25 |
1 |
50 |
4 |
75 |
5 |