Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 16/5/2008
COMITÉ, SINDICATOS E O RESPONSÁBEL DE RECURSOS HUMANOS DA EMPRESA REUNIRANSE O 27 DE MAIO
O persoal de MARTINSA - FADESA prosegue coas mobilizacións
Protesta en Fadesa 1
Traballadores de Martinsa-Fadesa sosteñen unha faixa na avenida Alfonso Molina de A Coruña (16-05-2008).
Os traballadores de MARTINSA - FADESA de A Coruña proseguen co calendario de mobilizacións contra o desmantelamento da sede na cidade. O 16 de maio concentráronse diante da empresa e despregaron faixas nunha das pasarelas da avenida Alfonso Molina. As protestas do cadro de persoal repetiranse o 23 de maio.

Comité, sindicatos e o responsábel de recursos humanos da empresa reuniranse o 27 de maio na sede da Inspección de Traballo en A Coruña. Os empregados esixiranlle á inmobiliaria que presente un plan de emprego e de futuro que contemple o mantemento dos postos de traballo e da sede social na cidade herculina.