Confederación Intersindical Galega - Avantar - Compostela 11/6/2008
No marco do traballo que se está a desenvolver desde o departamento
confederal de Formación Sindical inscríbese a conferencia coloquio sobre a
situación política e social en Venezuela e Arxentina, que terá lugar este
xoves, día 12 de xuño, a partir das 9:45 horas.
Na mesma contarase coa presenza de Carlos Chile, da Dirección Nacional do
Movemento Territorial de Liberación da
Arxentina (movemento piqueteiro integrado na CTA) e José Bracho, responsábel de
redes Sociais do partido Patria para Todos de Venezuela.