Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 26/6/2008
Foi a forza sindical máis votada
A CIG obtén 6 delegados en Asientos de Galicia
2007 04 05 fotos vigo desde monte alba faurecia  062
Celebradas as eleccións en Asientos de Galicia, do Grupo Faurecia, con maioría da CIG.

A CIG obtén 6 delegados en Asientos de Galicia

Esta empresa de Vigo pertence ao grupo Faurecia e está situada no Parque Tecnolóxico Loxístico de Valadares, cun cadro de 509 persoas, dos que máis de catrocentos na planta de produción. Esta é unha fábrica adicada a producir asentos de automóbiles para a empresa Citroën.

Nestas eleccións presentáronse candidaturas pola CIG, CCOO, UGT e CUT. A votación realizouse o pasado día 23 de xuño. Os resultados son os seguintes:

CIG

6 delegados

139 votos

CCOO

5 delegados

86 votos

UGT

4 delegados

61 votos

CUT

2 delegados

42 votos

A CIG volveu ser a forza máis votada, aínda que presentou candidatura só polo persoal da planta de produción.