Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 30/6/2008
Os afectados polas obras do porto exterior concéntranse diante da Autoridade Portuaria
Os mariñeiros de Punta Langosteira reanudan as mobilizacións
Concentración afectados Punta Langosteira na Autoridade Portuaria
Medio cento de mariñeiros e percebeiros afectados polas obras do porto exterior de A Coruña concentrouse na mañá do 30 de xuño ás portas da sede da Autoridade Portuaria para demandar o pagamento inmediato das indemnizacións polo cesamento forzoso da súa actividade en Punta Langosteira.

Este acto de protesta é o primeiro desde febreiro deste ano, momento en que a Autoridade Portuaria, Consellaría de Pesca e afectados chegaran a un acordo segundo o cal estes traballadores do mar percibirían 4´5 millóns de euros. Pois ben, transcorridos catro meses, os damnificados aínda non foron compensados.

A concentración realizada o 30 de xuño coincidiu coa celebración do Consello de Administración da Autoridade Portuaria.