Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - Vigo 5/7/2008
Desde o 14 de xullo
Convocada folga indefinida de recollida do lixo e limpeza viaria e de areais en Nigrán
Os traballadores do servizo de limpeza do Concello de Nigrán anunciaron a convocatoria de folga, que terá carácter indefinido, a partir do 14 de xullo. Estes empregados demandan un convenio colectivo digno que recolla as súas demandas laborais e sociais.

A folga da limpeza do concello de Nigrán afectará ao traballo que desenvolven os 27 empregados da empresa concesionaria deste servizo, Cespa.

Esta folga atinxirá ao servizo de recollida de lixo, á limpeza viaria e tamén á limpeza dos areais.

Convocada pola CIG e o Comité de folga

A folga está convocada pola CIG, que conta co delegado de persoal nesta empresa, así como pola asemblea de traballadores que conformaron o Comité de folga.

Demandan un convenio xusto, e melloras laborais e sociais para este persoal.