Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Avantar - A Coruña 6/3/2008
Ao concluír a camiñada entrevistáronse co delegado provincial de Traballo
50 operarios marchan a pé desde Guitiriz a Lugo para esixir a readmisión dos despedidos en Ingemarga
A Marcha dos Trinta 1
Á fronte da marcha, o secretario comarcal da CIG de Lugo, Xosé Ferreiro
Medio centenar de traballadores percorreu a pé os 40 quilómetros que separan Guitiriz de Lugo para esixir a readmisión dos 30 despedidos da empresa Ingemarga. A camiñada solidaria arrincou ás 7:00 do 5 de marzo e concluíu seis horas máis tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta da capital luguesa.

“A Marcha dos Trinta”, como a bautizaron os propios traballadores, recibiu durante o traxecto mostras de apoio de numerosos condutores que circularon durante esa mañá pola Nacional VI.

Unha vez que o grupo de manifestantes chegou a Lugo, dous centenares de persoas se uniron á camiñada até concluír diante do Edificio da Xunta. Foi entón cando os representantes dos traballadores se entrevistaron co delegado provincial de Traballo para demandarlle que interceda no conflito.