20/8/2008
O sindicato esixe a readmisión inmediata dos compañeiros
Celta Prix, empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo e da limpeza nos concellos de Meis, Cambados e Vilanova de Arousa, despediu dous traballadores en canto tivo coñecemento de que ían ser candidatos da CIG nas eleccións do persoal. A central nacionalista, que esixe a readmisión inmediata dos compañeiros, denunciou este caso de represión sindical nos xulgados do Social.
19/8/2008
A directora do organismo é incapaz de pór freo a esta grave situación
A sección sindical da CIG na Axencia Tributaria reitera as súas denuncias en relación coa escaseza de medios dos que dispón o Servizo de Vixilancia Aduaneira (S.V.A.) en Galiza. A falta de recursos e as deficiencias nos existentes ocasionan que as costas do noso país volvan ser elixidas polos narcotraficantes como unha das principais vías de acceso de droga a Europa.
11/8/2008
Este departamento autonómico quere eliminar estas prazas para recorrer aos servizos de empresas privadas
O Comité de Empresa provincial da Coruña da Consellaría de Presidencia presentará alegacións ao proceso de amortización de 42 postos emprendido polo departamento dirixido por José Luis Méndez Romeu. Presidencia desatendeu as alegacións dos sindicatos, co que segue adiante con este plan, que supón a privatización de servizos públicos.
11/8/2008
A folga foi desconvocada
A asemblea de traballadores do servizo de limpeza e recollida de lixo de Cedeira ratificou, o 8 de agosto, o preacordo asinado entre a empresa Celta Prix e a representación sindical sobre o primeiro convenio colectivo. A CIG-Servizos cualifica o acordo como plenamente satisfactorio ao acadar a práctica totalidade das reivindicacións do persoal. A folga ficou desconvocada.
7/8/2008
Por volta de 2.500 operarios traballan nesta actividade na Galiza
Os traballadores/as do sector de produtos elaborados do mar, que en Galiza emprega aproximadamente 2.500 persoas, perciben 700 euros netos ao mes polo desempeño dunha actividade dura que require de grande esforzo físico. A CIG sopesa convocar unha folga no sector de non mellorar as condicións retributivas e laborais na negociación do convenio.
6/8/2008
Embarcacións sobrepasan os 24 anos de antigüidade na metade das bases marítimas
A CIG denuncia a precariedade dos medios cos que conta en Galiza o Servizo de Vixilancia Aduaneira. En tres das seis bases marítimas do país, as embarcacións sobrepasan os 24 anos de antigüidade e o helicóptero da zona norte tan só dispón de dúas horas de autonomía.