20/11/2008
Fixeron entrega dunha carta na que reclaman a implicación do Presidente da Xunta na resolución do conflito laboral
Un grupo de traballadoras e traballadores do
Centro de Atención de Emerxencias 112, desplegaron unha pancarta co lema “112
Solución” no marco da inauguración da Semana verde de Silleda no momento en que
Emilio Pérez Touriño realizaba o seu discurso. A pancarta estivo á vista do
Presidente da Xunta durante toda a súa intevención, ao remate da cal a
Presidenta do Comité de Empresa lle fixo entrega dunha carta na que se lle
reclamaba implicación na solución ao conflito laboral que dura xa case dous
anos. Xa á saída, e a pesar de que en ningún momento se interrompera o acto, o
servizo de escolta do Presidente identificou ao “peligroso” grupo de
sindicalistas.
11/6/2008
O cadro de persoal continuará coas mobilizacións mentres non haxa un acordo firme
A Comisión de Negociación que representa aos traballadores e traballadoras do 112 solicitou hai aproximadamente un mes, unha xuntanza coa dirección da empresa MK Plan 21, que finalmente se celebrará este venres día 13 ás 10:30 horas da mañá en Compostela. MK Plan 21 é a empresa que xestiona o servizo do teléfono de emerxencias 112 e que resultou gañadora do concurso para a súa adxudicación o pasado mes de abril.
28/5/2008
Boa acollida da recollida de sinaturas de apoio
Os reiterados incumprimentos dos acordos acadados coas traballadoras/es do servizo de atención a emerxencias 112, tanto por parte da empresa, no seu día, como actualmente da Dirección Xeral de Protección Civil obrigaron ás traballadoras e traballadores a reiniciar as mobilizacións. Polo momento, e para sensibilizar á opinión pública, teñen instalado pancartas de denuncia por toda a xeografía galega e ademais, iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas que, polo momento, está a ter moi boa acollida.