3/7/2008
O SLG retoma a loita por un prezo base para o leite cunha nova campaña
O Sindicato Labrego Galego vén de presentar unha
campaña que, baixo o lema “Por un contrato xusto para o leite. Non asines por
menos de 0,42 euros”, ten como obxectivo garantir un prezo mínimo para o leite,
o que noutros sectores se podería entender coma a consecución dun “soldo base”,
reivindicación que na práctica totalidade das profesións se dá por máis que
asentada.