24/7/2008
Valoración moi positiva
Ás tres da mañá do xoves 24 de xullo remataba a mediación, que tiña lugar na Delegación de Traballo en Vigo, na que a empresa concesionaria do servizo de limpeza no concello de Nigrán, Cespa, aceitaba as demandas dos traballadores, que volven así aos seus postos de traballo despois de once días de folga e loita por un convenio digno.
18/7/2008
Cuarto día de conflito
No cuarto día de folga os traballadores en folga de Cespa percorreron as praias das diferentes parroquias de Nigrán para informar á cidadanía da situación actual do conflito. Os servizos mínimos levan dúas xornadas sen realizarse, xa que como están impugnados, a empresa impide que se realicen, senón se fan os que fixa o decreto do concello.
14/7/2008
Impugnados os servizos mínimos
Os case trinta traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza, Cespa, comezaron este 14 de xullo a folga convocada pola negociación do convenio colectivo. Os traballadores concentráronse diante do concello para demandar a actuación da administración local neste conflito.
5/7/2008
Desde o 14 de xullo
Os traballadores do servizo de limpeza do Concello de Nigrán anunciaron a convocatoria de folga, que terá carácter indefinido, a partir do 14 de xullo. Estes empregados demandan un convenio colectivo digno que recolla as súas demandas laborais e sociais.