19/11/2008
A empresa mantén a súa intención de botar 105 empregados en decembro
O cadro de persoal de Atento prosegue co seu calendario de protestas para rexeitar de forma tallante os 27 traslados de compañeiros ao centro de traballo que esta empresa do Telemárketing ten en León. A filial de Telefónica mantén a súa intención de despedir en decembro 105 empregados coruñeses pertencentes ao servizo do “11822”.
5/11/2008
Os empregados saen á rúa para expresar a súa protesta
Representantes de Atento comunicáronlles a 29 traballadores da sede coruñesa que, no prazo dun mes, terán que se trasladar a León. A decisión da empresa xa está a ser contestada na rúa coas primeiras mobilizacións. A CIG entende que se trata de despedimentos encubertos.
2/10/2008
Sector de Telemárketing
O 30 de setembro celebráronse as eleccións sindicais na empresa Bosch de Telemárketing en Vigo; elixíanse 17 membros do Comité de Empresa e a candidatura da CIG acadou a maioría absoluta con 12, CCOO 4 e UGT 1. Nestas eleccións a CIG pasou de 7 representantes (que obtivera en dous procesos anteriores de ampliación do comité) a 12, mentres que CCOO baixou de 8 representantes a 4 e UGT de 2 a 1.
22/8/2008
Novo caso de deslocalización
A contrata de telemárketing “Unísono” despediu nos últimos días 45 persoas en Vigo alegando o remate dunha campaña que denominaba “Desbordamento Campaña de Orange”, que como o seu nome indica encubría unha contratación fraudulenta por acumulación de tarefas. Como transfundo, un novo proceso de deslocalización.
5/8/2008
Producíronse preto de 50 despedimentos nos centros de chamadas da cidade olívica
Cunha nova
concentración de delegados e delegadas a Sección Sindical da CIG en Bosch
continúa dando resposta aos preto de 50 despedimentos realizados pola
multinacional xermana Bosch nos centros de chamadas de Vigo.
31/7/2008
Realizaranse os días 11 e 18 de agosto
A Sección Sindical da CIG no centro de chamadas da empresa Unísono CRM en Vigo vén de convocar paros na campaña de Orange para os días 11 e 18 de agosto en demanda da reclasificación do persoal do departamento do Servizo Integral de Facturación de Orange.