2/12/2008
Perderanse 215 postos de traballo no téxtil da automoción
As traballadoras da empresa Prevent, que realiza fundas para asentos para Citroën, estaban convocadas o 2 de decembro a unha xornada de folga na súa factoria de Mos, contra a deslocalización. Aproveitando esta data realizaron unha manifestación, que percorreu as principais rúas de Vigo e que rematou fronte ao edificio da Xunta de Galiza nesta cidade, para denunciar a deslocalización e o próximo peche da súa planta para ser trasladada a Marrocos, o que provocará a perda dun total de 215 postos de traballo.
27/11/2008
A farmacéutica de Porriño anunciou o peche se non é mercada antes do 31 de xaneiro
O pasado mércores 19 de novembro a farmacéutica multinacional anglosueca Astrazeneca facía público que se antes do 31 de xaneiro non atopaba quen mercara a fábrica, esta planta situada en O Porriño, e na que traballan 113 empregados/as, pecharía as súas portas. A nova foi unha sorpresa e "un xarro de auga fria" para os traballadores/as, que xa anunciaron que "defenderemos os postos de traballo" e non desbotan ningún tipo de medida para manifestar o seu rexeitamento a esta deslocalización.
13/10/2008
Contra o ERE e polo investimento real na factoría
Máis de 1.500 persoas mobilizáronse o domingo 12 de outubro desde as doce da mañá en Catoira contra o expediente de regulación de emprego exposto pola dirección da fábrica de cerámica de Cedonosa situada neste concello pontevedrés. A mobilización estaba convocada polo Comité de empresa, CIG, CCOO e UGT, e contou co apoio masivo do pobo de Catoira, que volveu encher as rúas desta vila en defensa dos postos de traballo e pola viabilidade desta empresa.
13/10/2008
Inclúe prexubilacións e compensacións económicas
O centenar de traballadores da factoría de Draka Cables en Mos (Pontevedra) aceitou un preacordo coa dirección da empresa para levar a cabo o peche da fábrica, no que se establecen diversas compensacións para a totalidade dos empregados, e que conta "cun apoio do 100% do persoal", segundo informou o comité de empresa nunha nota de prensa remitida aos medios de comunicación o pasado 9 de outubro.
16/9/2008
Paralizouse un forno e prodúcese moito menos
O venres 12 de setembro os traballadores e traballadoras de Cedonosa de Catoira volvían saír as rúas para berrar contra os despedimentos e coa situación que veñen arrastrando desde abril, mes desde o que o persoal se reduciu un 32%. Desde este momento paralizouse un forno e Cedonosa deixou de producir 150.000 metros cuadrados de gres entre as factorías de Teruel e Catoira.
4/9/2008
Os traballadores mobilízanse de novo pola viabilidade da factoría
O 3 de setembro tivo lugar unha reunión do Comité de empresa e das centrais sindicais (CIG-CCOO-UGT), para avaliar o proceso do concurso de acredores, o expediente de regulación de emprego (ERE) e a situación actual pola que está a atravesar a planta de Catoira. Os traballadores e traballadoras comezaron unha serie de mobilizacións contra a destrución de postos de traballo e pola viabilidade desta factoría