15/7/2008
Estaba de baixa por acoso laboral
A Unión Local de Verín denuncia que o alcalde
de Rairiz de Veiga, Xaquín Rodríguez Ambrosio, contratou hai un ano a unha
Axencia de Detectives para “controlar, observar, fotografar, gravar e, en
definitiva, perseguir e acosar” a un traballador do concello. A actitude deste
alcalde contra o traballador xa ten provocado que o concello fora sentenciado a
pagar unha indemnización de máis de 13.000 euros por violación da súa
integridade moral.