5/11/2008
Un xuíz estima que Margherita Calderazzi foi a “instigadora” desta mensaxe de protesta
CIG-Servizos quere trasladar a súa solidariedade e apoio a Margherita Calderazzi, sindicalista e militante comunista italiana, recentemente condenada a pagar 100.000 euros por ser a “instigadora” dunha pintada contra o patrón de “ILVA spa”, importante empresa de aceiro da cidade de Tarento.
9/10/2008
O 6 de novembro serán xulgados catro compañeiros
A CIG Metal de Vigo vén de editar e distribuir material informativo para dar a coñecer ao conxunto dos traballadores do naval de Vigo cuestións como o debate sobre o convenio colectivo que se iniciou na asemblea de delegados deste sector, ou a situación de incumprimento do convenio que se está a dar polo alto número de traballadores estranxeiros, aos que non se lles está a pagar segundo o convenio. Tamén se da a coñecer a proposta da CIG para que o 6 de novembro se realice un paro no naval, xa que ese día terá lugar o primeiro xuízo contra catro traballadores do naval, e a CIG propón ao resto de centrais sindicais realizar unha concentración diante dos Xulgados, en solidariedade con estes compañeiros porque "teñen que saber que un castigo a estes compañeiros é unha sentenza contra todo o metal, e non podemos toleralo".
8/8/2008
Programación de actos da “Fundación Alexandre Bóveda”
A “Fundación Alexandre Bóveda” fai pública a convocatoria dos actos que organiza con motivo do Día da Galiza Mártir, nos que se quere render tributo ás vítimas galegas da represión, personificadas en grande medida na figura de Alexandre Bóveda por canto representa un sinal de identidade propio e inequívoco do que significou o descabezamento dun pobo que empezaba a dar os seus primeiros pasos polo camiño do seu autogoberno.
6/8/2008
Adhírete á iniciativa premendo na primeira ligazón desta noticia
A CIG apoia a campaña internacional para liberar os cinco prisioneiros antifascistas cubanos encarcerados inxustamente en prisións de EEUU por abortar plans terroristas organizados nese país para atacar a illa caribeña. Os cinco presos cubanos cumprirán, o vindeiro 12 de setembro, dez anos de cativerio en cadeas norteamericanas.
25/6/2008
Celebrouse a repetición do xuízo contra o secretario comarcal da CIG–Ensino, Eduardo Álvarez
A vista contra Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, denunciado polo xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, por unhas supostas inxurias contra este, repetiuse o 25 de xuño no Xulgado de Instrución número 4 da cidade. No decurso da vista, Fraga Mandián chegou a manifestar a súa intención de seguir empregando o topónimo ilegal “La Coruña”: “No tengo ningún rubor en utilizar la ilegalidad `La Coruña´”, dixo.
19/5/2008
Alan García reprime os movementos sociais
A CIG – Químicas e Enerxía, a través do seu secretario nacional, Abelardo Landeira, remitiu unha carta ao resto de sindicatos afiliados á UIS - Enerxía da Federación Sindical Mundial (FSM) na que expresa a solidariedade con Guadalupe Hilario e outros/as activistas campesiños e indíxenas do Perú, encarcerados polo goberno neoliberal de Alan García.