marco
Artigos de opinión
O pacote do G20 vai conter a crise?
Umberto Martins
Reunida no último sábado (15) em Washington, a cúpula do G20, grupo composto pelas 20 maiores economias do mundo, sugeriu aos que governam o mu...
A dimensão do problema
Eduardo Bomfim
É importante considerar a verdadeira essência dos fenômenos surgidos da crise econômica internacional, originária da farra especulativa nos E...
Acerca da Cimeira de Washington
Julio C. Gambina
Algúns imaxinaron que a Cimeira de Washington sería un “Bretton Woods II”, a imaxe e semellanza do de 1944 cando ao final da segunda guerra ...
Reunião do G20: Um monumento à banalidade
Fernando J. Cardim de Carvalho
A impostura de Obama
Silvia Bermúdez Pérez
A nova esquerda alemã: Die Linke
João Alexandrino Fernandes
salarios
11/7/2008 Se a contención salarial freara a inflación, en Galiza sería un 30% inferior á estatal
Salarios dignos
O IPC do mes de xuño incrementouse nun 0,6% en Galiza situándose no 5,4%, fronte ao 5% da media estatal. A CIG atribúe este incremento á especulación, que afecta fundamentalmente ao cru e aos alimentos, pero tamén ás altas taxas de beneficios empresariais, algo que a central vén denunciando desde hai anos e que agora, por fin, tivo que recoñecer até o propio Banco de España.
28/4/2008 Volverán a concentrarse o próximo martes, día 6 de maio, ás 12:00 h ante o Clínico
viproga 3
Os traballadores de Viproga, empresa de Seguridade encargada do servizo de vixilancia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) concentráronse na mañá deste luns, 28 de abril, ante os accesos ás consultas externas do hospital Clínico en demanda do pago dos atrasos. En solidariedade e para manifestar o seu apoio, á concentración convocada pola CIG, sumáronse tamén outros traballadores do sector.
23/4/2008 Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario
Cartaz 1º de maio 2008
A Confederación Intersindical Galega conmemora este 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, coa convocatoria de manifestacións en todas as comarcas do país, baixo o lema “Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel”.
8/1/2008 Só tres convenios teñen revisión salarial
Casa do Concello de Ourense
O Índice de Prezos ao Consumo (IPC) establece a taxa anual do 2007 no 4,3% segundo os datos adiantados polo Instituto de Estatística. Esta forte suba que ten como base o encarecemento de produtos básicos de consumo representa unha importante perda de poder adquisitivo.
22/12/2007 Convocarase unha folga se non se atenden as demandas dos traballadores
Convenio Bingos Rolda Prensa
O 6 de febreiro de 2006 a Xunta de Galiza aprobaba o novo regulamento polo que se rexen as empresas de xogo. Segundo este, estas empresas poden incrementar a porcentaxe dos seus beneficios pasando do 11,5 ao 13,5%. Porén, no proceso de negociación do Convenio colectivo, a patronal negouse a mellorar as condicións salariais malia ter os traballadores uns salarios que rondan entre os 700 e os 850 euros e non ter recoñecidos complementos como nocturnidade ou antigüidade.