5/9/2008
Privatizan máis servizos
Co gallo dos primeiros casos da aparición da síndrome da Encefalopatía
Esponxiforme-, as institucións sanitarias puxeron en marcha un certificado veterinario que,
canda a declaración xurada do produtor/a, presumía asegurar ao consumidor/a as garantías
sanitarias e alimentares precisas.
20/6/2008
Consideran que a administración segue sen atender as súas demandas
O colectivo de veterinarios da Xunta de Galiza vén de convocar para os
días 24 e 25 de xuño xornadas de folga de 24 horas en demanda dunha mellora
efectiva dos servizos veterinarios da administración e das súas condicións
laborais. Son máis de 600 traballadoras/es que dependen da consellaría de Presidencia,
e desenvolven a súa actividade para as consellarías de Sanidade, Medio Rural,
Pesca e Medio Ambiente.
28/2/2008
Exixen que se cumpra a lexislación laboral e se faga indefinido a este persoal
Traballadores/as de Tragsega apoiados polos delegados/as de persoal de Tragsega Galiza, concentráronse en Ourense ante o restaurante Carballal, aproveitando a celebración da Conferencia-almorzo organizada polo Foro Nueva Economía, na que participaban a ministra de Agricultura, Elena Espinosa, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para transmitirlles a situación laboral de indefensión legal na que se atopan e demandar solucións.
23/1/2008
Os traballadores solicítanlle en persoa ao presidente da Xunta que medie neste conflito
Tragsega, empresa de capital público estatal dependente do Grupo Tragsa, prescindiu, no comezo da nova campaña de saneamento gandeiro da provincia de Lugo, dos 75 empregados eventuais que viña contratando desde 2002. A sociedade impide deste xeito que estes traballadores se convertan en fixos.