18/10/2008
Apostan polo preacordo e agardan sentenza TSXG
O venres 17 de outubro as traballadoras e traballadores dos edificios e locais da provincia de Pontevedra estaban chamadas ás asembleas para ser informadas da proposta que a Patronal deste sector realizaba. Asi, nas asembleas xulgouse insuficiente e mantÃvose a aposta polo pre-acordo, aprazándose a folga, en función da sentenza da impugnación do laudo arbitral do AGA e do seu cumprimento.
10/10/2008
Diante dunha proposta da patronal para negociar
Este venres 10 de outubro celebráronse asembleas para dar a coñecer as novidades no conflito polo convenio provincial de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra. Diante das mudanzas existentes, xa que o luns terá lugar unha xuntanza entre patronal e sindicatos, aprobouse adiar a convocatoria de folga até o próximo dia 20 de outubro, para coñecer cal é a nova oferta que quere realizar a patronal.
2/10/2008
Apoiada polas tres centrais sindicais
CIG, CCOO e UGT convocaron folga indefinida na limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra a partir do 13 de outubro. Despois do preacordo asinado pola patronal, esta impugnou o acordo económico, ditado no Laudo arbitral do mes de xullo, xa publicado no BoletÃn Oficial da Provincia. Agora as centrais sindicais sinalan que "os traballadores e traballadoras non somos responsábeis desta folga, senón que a responsábel é a patronal por non cumprir o preacordo".
24/9/2008
Pola negociación do convenio
No mes de marzo deste ano comezaba a negociación do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Ourense, que afecta a máis de 2.000 traballadoras e traballadores. Despois de sete reunións, a última a principios de xuño, non se chegou a ningún acordo nin houbo avanzos significativos. Ante esta situación as traballadoras e traballadores deste sector decidiron convocar folga indefinida no sector desde o 1 de outubro.
24/9/2008
Contra a impugnación do acordo chegado en maio
Máis de 8.000 traballadoras e traballadores do servizo de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra, entre estes os hospitais privados, ambulatorios ou Citroën, están convocadas a unha folga con carácter indefinido para a primeira quincena de outubro, pola impugnación que a patronal realizou do laudo arbitral emitido pola AGA do acordo ao que chegaran as dúas partes o pasado mes de maio, para evitar daquelas a convocatoria de folga prevista.