6/6/2008
As rúbricas van dirixidas á Xunta, Deputación e Concello
O comité de empresa provincial da Cruz Vermella de A Coruña rexistrou, o 6 de xuño no Edificio Administrativo da Xunta na cidade, as dúas mil sinaturas de apoio que recolleu nas últimas semanas e que solicitan a dignificación dos salarios dos traballadores da institución.
28/2/2008
Exixen que se cumpra a lexislación laboral e se faga indefinido a este persoal
Traballadores/as de Tragsega apoiados polos delegados/as de persoal de Tragsega Galiza, concentráronse en Ourense ante o restaurante Carballal, aproveitando a celebración da Conferencia-almorzo organizada polo Foro Nueva EconomÃa, na que participaban a ministra de Agricultura, Elena Espinosa, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para transmitirlles a situación laboral de indefensión legal na que se atopan e demandar solucións.
15/1/2008
Convocan unha concentración diante da oficina o sábado 19 de xaneiro ás 13:00 horas
En xaneiro de 2005, Correos entregou, aos traballadores de Correos de Teo, unha proposta de reforma baseada nun estudo feito no ano 2004, que estabelecÃa a necesidade de aumentar o cadro de persoal de Correos en Teo en 3,5 persoas máis. Malia o tempo transcorrido ese incremento non se efectivizou. O sector de Correos da CIG denuncia esta situación e o mal funcionamento do servizo na actualidade.