25/9/2008
CIG-Ensino promove escritos en demanda do persoal necesario
A CIG-Ensino está
promovendo escritos dos centros educativos dirixidos á ConsellarÃa esixindo que
se dote aos centros do profesorado necesario e continúa a denunciar que, neste
comezo de curso, se aprecia un importante recorte de profesorado e unha
deficiente resposta á reclamación dos centros, prexudicando de xeito grave a
calidade do ensino. Neste intre son máis de 300 centros os que non ven cubertas
as súas necesidades.