14/11/2008
Reciben máis de 2.000.000 de euros
A CIG-Ensino
denuncia que a consellarÃa de Educación mantén os concertos educativos con
cinco centros do OPUS DEI que reciben subvencións de máis de 2.000.000 de euros
malia segregar o alumnado por razóns de sexo. A ConsellarÃa
xustificou a súa posición de non actuar até o curso vindeiro por falta de
probas, cando os mesmos responsábeis destes centros e nas súas páxinas webs
recoñecen que impediron a matrÃcula de nenos e nenas no mesmo centro.
29/9/2008
Las Acacias, Montecastelo, Aloya, Montespiño ou Peñaronda son algúns deles
A CIG-Ensino vén de presentar contencioso administrativo en
contra da Orde, publicada no DOG o 27 de agosto de 2008, pola ConsellarÃa de
Educación, pola que se subscriben e se modifican os concertos educativos cos
centros docentes privados, limitando este contencioso a centros que segregan o
alumnado, impedindo a escolarización mixta (Las Acacias, Montecastelo e Aloya
en Vigo; Montespiño e Peñarredonda na Coruña, etc).