20/10/2008
Baixo o lema "Marcha con nós para mudar o mundo"
A Marcha Mundial das Mulleres, baixo o lema “Mulleres en Marcha até que todas sexamos libres”, organizou un encontro internacional que culminaba con unha masiva manifestación polas rúas de Vigo o 19 de Outubro. Achegamos crónica fotográfica desta mobilización, asi como un resumo das actuacións, debates e demais actos públicos que se realizaron nestas xornadas feministas na comarca de Vigo.
30/9/2008
Manifestación o 19 de outubro ás 12:00 h en Vigo
Do 14 ao 21 de outubro, a cidade de Vigo acollerá o
VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que xirará en torno á
Soberanía Alimentaria e no que participarán delegados e delegadas procedentes
dos cinco continentes. A CIG, a través da Secretaría da Muller, vén de
manifestar o seu apoio e colaboración con este evento e fai un chamamento a
participar na manifestación que terá lugar o 19 de outubro ás 12:00 hora en
Vigo baixo o lema “Cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo, cambiar o
mundo para cambiar a vida das mulleres”