2/10/2008
Convocadas asembleas e concentracións en todas as cidades, o 7 de outubro
A CIG vén de
convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o dÃa 7
de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase
traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións
introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que
contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar
a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación
na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a
maiores.