19/12/2008
A dirección da empresa comunicou que trasladará materias primas a outras plantas
As traballadoras e os traballadores de Prevent continuarán pechadas na planta que a multinacional eslovena ten en Mos durante todo o Nadal, por mor do anuncio da dirección de retirar materia prima para trasladar a producción a outras plantas da empresa no estranxeiro. O anuncio obrigou as traballadoras a revocar a decisión abandonar o encerro que mantiñen dende o martes 16 de decembro.
2/12/2008
Perderanse 215 postos de traballo no téxtil da automoción
As traballadoras da empresa Prevent, que realiza fundas para asentos para Citroën, estaban convocadas o 2 de decembro a unha xornada de folga na súa factoria de Mos, contra a deslocalización. Aproveitando esta data realizaron unha manifestación, que percorreu as principais rúas de Vigo e que rematou fronte ao edificio da Xunta de Galiza nesta cidade, para denunciar a deslocalización e o próximo peche da súa planta para ser trasladada a Marrocos, o que provocará a perda dun total de 215 postos de traballo.
21/11/2008
Un cento de traballadores péchase nas instalacións da empresa
Copo Ibérica, auxiliar da automoción radicada en Mos, anunciou o 21 de novembro o despedimento do 18 obreiros indefinidos. A medida foi comunicada a primeira hora do día ao comité e despois a cada un dos afectados. A resposta dos compañeiros non se fixo agardar e un cento deles iniciou un peche indefinido nas instalacións da empresa.
4/11/2008
Contra a crise no sector
Pasadas as oito e media da tarde comezaba a marcha en defensa do emprego na automoción, convocada pola CIG. Traballadores e traballadoras de empresas do téxtil, do transporte, do metal e de químicas afectados pola crise no sector da automoción estiveron presentes nesta mobilización, para demandar medidas globais para facer fronte ao actual contexto de crise no automóbil, e non actuacións individuais e negativas para a clase traballadora como os expedientes de regulación de emprego.
29/10/2008
Convocada pola CIG, mobilización de denuncia
Acompañados de perto de cincuenta delegados, delegadas, presidentes e secretarios dos Comités de Empresa das Federacións do Metal, Químicas e do Téxtil e Transporte, tivo lugar o mércores 29 de outubro a rolda de prensa de presentación da manifestación que a CIG convocou para o próximo 3 de novembro na cidade de Vigo, e que sairá ás oito da tarde de Vía Norte. Baixo o lema “En defensa do emprego na automoción”, a CIG pretende denunciar a situación que está a vivir o sector, así como chamar á atención das Administracións neste contexto, porque “non poden pagar de novo os traballadores e traballadoras esta crise”.
24/10/2008
Concentracións fronte a Inspección de Traballo e a Xunta de Galiza
O venres 24 de outubro é o penúltimo dia de aplicación do primeiro ERE aprobado para esta empresa auxiliar de PSA Citroën. Nesta nova xornada de expediente o Comité de Empresa convocou a todos os traballadores a unha nova xornada de mobilización para denunciar a complicidade das Administracións na aprobación deste ERE, asi como amosar o rexeitamento do persoal desta factoría do automóbil a esta medida. A dirección xa presentou un novo ERE de 12 días para novembro e decembro.