3/10/2008
Este ano celébrase baixo o lema “O Profesorado conta”
Neste ano 2008, a Internacional da
Educación, organización sindical internacional, que agrupa a sindicatos de docentes de todo o mundo e da que a
CIG-ENSINO é fundadora, celebra baixo o lema “O Profesorado conta” o Día Mundial do
Profesorado. Unha conmemoración que foi
instituída pola UNESCO no 1993 como mostra de recoñecemento á contribución vital
do profesorado á educación e ao desenvolvemento das sociedades dos distintos
países.