marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
Compostela Compostela
28/8/2008 Traballadores protestan na visita do presidente do Goberno español
Protesta na mina de Serrabal 1
Operarios da mina de Serrabal e das factorías de Ferroatlántica de Cee e Sabón protagonizaron un acto de protesta coincidindo coa visita do presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, a un dos tramos nos que se está a construír o TAV en Boqueixón.
22/8/2008 A Intersindical–CSC apoiou a loita desde Barcelona (Països Catalans)
Bingo Barna 2
A dirección da empresa “Top Rank”, multinacional inglesa propietaria do bingo “Ciudad de Santiago”, readmitiu a traballadora despedida no mes de xullo de forma improcedente, logo de varias xornadas de mobilizacións diante das portas deste negocio. Se ben é certo que nesta empresa houbo tres despedimentos, dous dos traballadores admitiron a indemnización proposta. Porén, a empregada non aceptou a improcedencia do seu despedimento e proseguiu na loita pola súa readmisión, que finalmente conseguiu.
4/8/2008 Os clientes seguen a manifestar o seu apoio aos traballadores despedidos
Bingo 01/08/08
Traballadores do Bingo “Ciudad de Compostela” xunto con compañeiros da CIG, apoiados por delegados e delegadas sindicais de varias empresas de Santiago permaneceron ás portas da Sala desde as 16:00 até as 03:00 horas do pasado venres día 1 de agosto. Tal e como fixeron nas dúas xornadas de mobilización anteriores informaron aos clientes da situación laboral na empresa e pedíronlles que ese día non entraran no local de ocio.
1/8/2008 Reincorporaranse aos seus postos de traballo o 4 de agosto
Galicia Dixital readmisión 1
O luns día 4 de agosto reincorpóranse aos seus postos de traballo as traballadoras da exposición permanente Galicia Dixital que foran despedidas o pasado mes de maio tras pasar a xestionar a mostra a nova concesionaria, Telecyl S.A. Foron necesarios máis de dous meses de constantes mobilizacións para que se chegara a un acordo e foran readmitidas.
30/7/2008 Exixen a readmisión dos despedidos
Bingo
As mobilizacións en demanda da readmisión dos traballadores do Bingo “Cidade de Santiago” continúan. A última tivo lugar o pasado venres día 25 de xullo, Día da Patria Galega, cunha concentración na que participou a maioría do cadro do persoal da sala e á que se sumaron, ademais dos compañeiros da CIG da comarca, os propios clientes.
22/7/2008 A propia empresa recoñeceu a improcedencia dos despedimentos
Bingo de Santiago
O pasado venres 18 de xullo os traballadores do Bingo “Ciudad de Santiago” concentrábanse ás portas da sala para reclamar a súa readmisión e informar a usuarios e compañeiros do comportamento da empresa. Case o 10% do cadro de persoal, foi despedido, segundo explican os propios afectados, por represalias.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS