marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
precariedade
31/10/2008 Ese día serán xulgados catro traballadores do naval, aos que a Fiscalía solicita catro anos de prisión pola folga do 2007 polo cumprimento do convenio
Rolda de prensa folgametal6nov
Nunha rolda de prensa, celebrada o venres 31 de outubro no local sindical da CIG de Vigo, deuse a coñecer a convocatoria de folga para todos aqueles traballadores aos que se lles aplique o convenio provincial do Metal de Pontevedra. Estes máis de 22.000 traballadores están chamados á folga contra a represión sindical, xa que nesa data van ser xulgados catro traballadores do Metal, que no 2007 estiveron case quince días en folga para que se cumprira o convenio. A Fiscalía solicita catro anos de cárcere para estes catro folguistas. Ademais con esta folga, a CIG tamén quere denunciar a situación de precariedade que continúa a existir no sector.
18/10/2008 Entre o 90 e o 95% dos estabelecementos pecharon as súas portas
Folga do comercio na Coruña 7
Como "un grande éxito" cualificaba Paulo Rubido, secretario nacional da federación de Servizos da CIG, a primeira xornada de folga do Comercio vario da provincia da Coruña. Tal é así que nas cidades de Ferrol, A Coruña e Compostela pecharon entre o 90 e o 95% dos estabecelementos comerciais. Algúns iniciaron a xornada xa pechados. Outros, íanse sumando ao paso dos piquetes, que en Ferrol chegaron a ser de máis de 300 persoas, en Compostela rondar as 500 e na Coruña superar amplamente as 1000.
17/10/2008 Non afecta ás grandes superficies, que teñen convenio propio
escaparate
Comeza a folga do comercio vario da provincia da Coruña en demanda de que se negocie un novo convenio colectivo, logo de que a patronal ignorase o chamamento ao diálogo das traballadoras e traballadores e as centrais sindicais. As negociación estaban paralizadas desde o mes de xuño ao negarse a parte empresarial a aceptar máis que un incremento salarial do IPC previsto e sen incluír, sequera, a cláusula de revisión salarial.
16/10/2008 Concentráronse primeiro diante do Parlamento e logo diante de Presidencia, en San Caetano
outubro 16, 112 1
Con concentracións diante do Parlamento de Galiza -onde tramitaron unha solicitude de entrevista con todos os grupos con representación na cámara galega-, unha marcha até San Caetano polas rúas da zona vella compostelá e unha concentración diante de Presidencia, reiteraron, na mañá deste xoves 16 de outubro, a súa exixencia de melloras nas condicións laborais e o recoñecemento do dereito á subrogación, as traballadoras e traballadores do servizo de atención a emerxencias 112.
25/9/2008 A entidade non deu resposta a ningunha das demandas das/os traballadoras/es
CIG-Correos Bertamiráns 1
O pasado mes de xuño CIG-Correos poñía en marcha unha campaña de mobilizacións en demanda do reforzamento do cadro de persoal desta entidade no concello de Ames. Un reforzamento imprescindíbel para garantir o reparto postal diario, non só na zona rural do concello, senón mesmo nas urbanas de Bertamiráns e o Milladoiro, onde non supera as dúas veces por semana.
31/7/2008 Ademais de IPISA adebédanse nóminas en FERLOSA, CUPIGA, PEBOSA e IPIGA
Desde a CIG de Valdeorras veñen de alertar da intención de varias empresas do sector da lousa como IPISA, FERLOSA, CUPIGA, PEBOSA ou IPIGA de xustificar os atrasos que se están a producir no pagamento das nóminas ás traballadoras e traballadores alegando problemas relacionados coa crise económica.