10/10/2008
Solicitan unha convocatoria urxente da Mesa do Leite
O Sindicato Labrego Galego
convocaba, na mañá do pasado xoves dÃa 9 de outubro, unha Asemblea Nacional
Aberta do Leite para tratar de articular unha estratexia conxunta que garanta o
futuro do sector. Na Mesa acordáronse, entre outras, mobilizacións a nivel
estatal para reclamar do Ministerio que elimine a obriga de ter asinado un
contrato homologado do Leite para poderen percibir unha parte da subvención de
pago único, que entende que só beneficia ás empresas.