marco
Artigos de opinión
2008: um ano de avanços na América Latina e no Caribe
Nidia Díaz
O ano de 2008 foi marcado na América Latina e no Caribe, fundamentalmente, pela consolidação e ampliação dos diversos processos de transforma...
Gaza: perguntas e respostas
Emir Sader
Se o Hamas é considerado uma organização terrorista e nunca invadiu territórios israelenses, como deve ser considerado o Exército de ocupaç...
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
discriminación lingüística
18/11/2008 A asociación en defensa da lingua insta á Inspección de Traballo a actuar
Mesa Kiriko
A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de denunciar un novo caso de discriminación lingüística no eido do traballo: a granxa escola ‘El Kiriko’, situada en Fornelos de Montes, prohíbe aos seus empregados usar o galego. Esta grave ilegalidade fica demostrada nun documento escrito de normas para o persoal educativo da granxa, na cal se especifica, literalmente, que “el idioma empleado en el trabajo será el castellano salvo excepciones que serán previamente comunicadas”. Tal escrito está dentro dunha liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa.
28/2/2008 A Mesa denunciara a un xefe de sección por dicirlle “Burra, no hables lenguas menores”
Letreiro de Carrefour en A Coruña
O director do hipermercado de Carrefour de A Coruña, no que se produciu recentemente o grave caso de discriminación lingüística a unha traballadora, pediu desculpas, segundo informa a Mesa pola Normalización Lingüística, explicando que se reprendeu ao xefe de sección que protagonizou o suceso, “indicándolle o respecto que debe ter polas persoas, a cultura e a lingua das mesmas”.
16/1/2008 A asociación en defensa da lingua di que os servizos ferroviarios, de titularidade estatal, “actúan como se o galego non existise”
Carlos Callón e Fran Rei entregando alegacións a ADIF
A Mesa pola Normalización Lingüística realizou na mañá do martes 15 de xaneiro un acto reivindicativo na estación do tren de Santiago de Compostela para denunciar as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas que RENFE e ADIF, como organismos públicos que xestionan as infraestruturas ferroviarias e a explotación dos camiños de ferro en Galiza, están a cometer, incumprindo a lexislación lingüística vixente e os tratados internacionais subscritos polo Estado español en materia de dereitos lingüísticos, nomeadamente a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.