marco
Artigos de opinión
Recessão nos EUA já vem do ano passado
Umberto Martins
Os Estados Unidos estão em recessão desde dezembro de 2007, segundo um estudo divulgado pelo NBER (Natioanl Bureau of Economic Research) nesta s...
A resaca do festín financeiro
Albert Recio Andreu
Os dous últimos meses foron intensos en medidas de gran goberno. En intervención pública discrecional. Aquel tipo de intervención que os monet...
Euskal Herria: Congreso da central sindical ELA (Non hai outro camiño que o enfrontamento)
Manuel Mera
Durante os días 26 e 27 de novembro realizouse o 12º Congreso de ELA, baixo o lema Langile-Ekin, ao que acudiron 736 congresistas (700 escollido...
Tamén Grenlandia
Martin Garitano
A Mesa
1/12/2008 Un órgano interministerial tomará como referente as queixas achegadas polo colectivo para adoptar medidas correctoras
08-12-01 A Mesa
O Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado, un órgano interministerial creado en 2007, vai utilizar os expedientes de queixa que lle remitiu A Mesa pola Normalización Lingüística para avaliar o grao de aplicación en Galiza da normativa vixente en materia idiomática. O presidente deste colectivo cidadán, Carlos Callón, amosa a súa “satisfacción pola predisposición positiva manifestada polo Goberno español” e agarda que se “adopten con dilixencia as medidas correctoras, posto que a Administración do Estado non pode continuar a actuar como se a lingua galega non existise”.
26/11/2008 A Mocidade pola Normalización Lingüística sinalou que o paro foi seguido maioritariamente a pesar de “coaccións puntuais”
08-11-26 cartaz folga ensino
Máis dun 75% por cento do alumnado de segundo ciclo da ESO, ciclos formativos e Bacharelato secundou o paro estudantil convocado o 26 de novemebro pola Mocidade pola Normalización Lingüística e apoiado por Galiza Nova e Comités baixo o lema “Paremos as agresións contra o galego”. Por etapas, o seguimento foi maior no bacharelato e FP, en practicamente todos os casos superando o oitenta por cento do alumnado.
25/11/2008 Demandan que se respecto o dereito a recibir unha educación de calidade en lingua galega
08-11-25 Mesa carta Valedor
A Mocidade pola Normalización Lingüística, Galiza Nova e Comités fixeron un chamamento ao Valedor do Pobo, Benigno López, para que actúe ante o flagrante incumprimento do decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. O responsábel nacional da Mocidade pola Normalización, Fran Rei, recordoulle a Benigno López que “o Valedor está para velar polo cumprimento das leis que xa existen e non para dar abeiro a hipotéticas reclamacións dos que non queren que se cumpran”.
18/11/2008 A asociación en defensa da lingua insta á Inspección de Traballo a actuar
Mesa Kiriko
A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de denunciar un novo caso de discriminación lingüística no eido do traballo: a granxa escola ‘El Kiriko’, situada en Fornelos de Montes, prohíbe aos seus empregados usar o galego. Esta grave ilegalidade fica demostrada nun documento escrito de normas para o persoal educativo da granxa, na cal se especifica, literalmente, que “el idioma empleado en el trabajo será el castellano salvo excepciones que serán previamente comunicadas”. Tal escrito está dentro dunha liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa.
13/11/2008 A entidade busca responder "con información e transparencia" á campaña de linchamento que está a sofrer
13-11-08 mesa
A Mesa pola Normalización Lingüística vai distribuír catro mil folletos na Coruña informando sobre a actuación da Liña do Galego, un servizo que ofrece desde hai un ano a asociación en defensa da lingua e que tramita consultas, queixas e parabéns. Estes trámites inícianse a instancias dos cidadáns que se dirixen á Mesa en busca de información; cando ven vulnerados os seus dereitos lingüísticos ou cando queren felicitar a unha empresa ou institución que dá novos pasos na incorporación do galego aos seus servizos.
14/10/2008 Está promovido pola Mesa e diferentes organizacións, entidades e persoas
mani.futuro.do.galego
Tras sumar expresamente o seu apoio ao “Manifesto a prol da convivencia lingüística e de igualdade de dereitos para o galego”, a CIG, por medio da súa Executiva Confederal, anuncia a súa participación activa na recollida de sinaturas en favor do devandito manifesto, que está a ser coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística.