marco
Artigos de opinión
2008: um ano de avanços na América Latina e no Caribe
Nidia Díaz
O ano de 2008 foi marcado na América Latina e no Caribe, fundamentalmente, pela consolidação e ampliação dos diversos processos de transforma...
Gaza: perguntas e respostas
Emir Sader
Se o Hamas é considerado uma organização terrorista e nunca invadiu territórios israelenses, como deve ser considerado o Exército de ocupaç...
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
normalización lingüística
9/12/2008 O programa para a aprendizaxe do galego é a actividade central dun proxecto entre Galiza, Frisia, Francia e Grecia
Logo Mesa pola Normalización Lingüística
O programa de Voluntariado de Activación Lingüística (VAL), impulsado pola Mesa pola Normalización Lingüística e que desde o comezo contou coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, acaba de recibir un forte impulso por parte da Unión Europea. Recoñecido agora como un referente a nivel continental, o voluntariado da lingua galega é a actividade central do proxecto denominado Volangteer-Learning Regional Lenguages through Volunteers, que se desenvolverá até 2010, no cal colaboran tamén representantes de Frisia, Francia e Grecia e que conta cunha axuda de 400.000 euros por parte da Unión Europea. 
6/12/2008 Denuncian o “falso vitimismo” de certos sectores sociais “antinormalizadores”
08-12-06 FSGal Galego
A CIG e a Mesa pola Normalización Lingüística defenderon, no espazo de debate que se celebraba esta mañá no FSGal baixo o epígrafe “Manifesto e iniciativas a prol da oficialidade plena do galego”, a necesidade de pular pola plena normalización do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. Ambas organizacións explicaron o labor que están a desenvolver nas súas respectivas áreas de traballo e rexeitaron o “falso vitimismo” daqueles que están en contra de que se potencie o uso da nosa lingua.
2/12/2008 A publicación recolle 12 viñetas de seis debuxantes galegos que realizan unha análise da situación do idioma
08-12-02 Galego con Humor
“A través dunha ilustración pódese facer unha tese sobe a realidade da lingua”. Con esta premisa o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, o Secretario Confederal de Formación Sindical, Manuel Mera, e o debuxante Luís Davila, presentaron esta mañá o caderniño “O galego con humor”, unha publicación composta por doce viñetas de seis humoristas gráficos galegos, a través da que se quere facer unha chamada “á necesidade de avanzar no uso social do idioma”.
1/12/2008 Un órgano interministerial tomará como referente as queixas achegadas polo colectivo para adoptar medidas correctoras
08-12-01 A Mesa
O Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado, un órgano interministerial creado en 2007, vai utilizar os expedientes de queixa que lle remitiu A Mesa pola Normalización Lingüística para avaliar o grao de aplicación en Galiza da normativa vixente en materia idiomática. O presidente deste colectivo cidadán, Carlos Callón, amosa a súa “satisfacción pola predisposición positiva manifestada polo Goberno español” e agarda que se “adopten con dilixencia as medidas correctoras, posto que a Administración do Estado non pode continuar a actuar como se a lingua galega non existise”.
25/11/2008 Demandan que se respecto o dereito a recibir unha educación de calidade en lingua galega
08-11-25 Mesa carta Valedor
A Mocidade pola Normalización Lingüística, Galiza Nova e Comités fixeron un chamamento ao Valedor do Pobo, Benigno López, para que actúe ante o flagrante incumprimento do decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. O responsábel nacional da Mocidade pola Normalización, Fran Rei, recordoulle a Benigno López que “o Valedor está para velar polo cumprimento das leis que xa existen e non para dar abeiro a hipotéticas reclamacións dos que non queren que se cumpran”.
24/11/2008 Participaron case un cento de delegados e delegadas
20081124_encontro.lingua.21nov.00
Cunha alta participación de delegados e delegadas, así como de cadros sindicais, uns e outros da federación de administración pública da CIG, o pasado venres 21 de novembro tivo lugar en Montouto (Teo) a celebración dun encontro de normalización lingüística, en resposta á convocatoria conxunta feita pola dirección de CIG-Administración e polo Departamento de Normalización Lingüística da central sindical.