marco
Artigos de opinión
2008: um ano de avanços na América Latina e no Caribe
Nidia Díaz
O ano de 2008 foi marcado na América Latina e no Caribe, fundamentalmente, pela consolidação e ampliação dos diversos processos de transforma...
Gaza: perguntas e respostas
Emir Sader
Se o Hamas é considerado uma organização terrorista e nunca invadiu territórios israelenses, como deve ser considerado o Exército de ocupaç...
Hamas, Israel, Gaza e resistência violenta: A estrutura histórica e política da crise actual
Alan Nasser
O que Israel teme não é o terrorismo e sim a independência palestina. Israel não permitirá que emerja um governo palestino soberano sobre a t...
Así será o ano 2009
Ignacio Ramonet
Consellería de Educación
13/11/2008 Educación paga as empresas de transporte 900 euros ao mes, pero os/as traballadores/as só perciben 171 euros
transporte escolar
A CIG-Ensino vén de denunciar que os/as acompañantes do transporte escolar perciben un 81 % menos do que lles correspondería, segundo o que a Consellaría lles transfire ás empresas de transporte para cubrir os gastos deste servizo. Detectáronse casos de compañías que en lugar de contratar directamente a estes/as traballadores/as e aplicarlles o Convenio de transporte de viaxeiros fano mediante empresas de servizos e retribúenos, soamente, coa parte proporcional que lles corresponde do salario mínimo interprofesional.
6/3/2008 Celebrou unha concentración diante da Consellaría de Educación
Concentración para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas 1
Delegados e delegadas de CIG-Ensino concentráronse na mañá de onte –mércores 5 de marzo–, ás 11:30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas. No decurso da mesma presentouse, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique esta decisión. De non atenderse por esta vía, a CIG anuncia a súa disposición a presentar un recurso contencioso-admnistrativo.
5/3/2008 Concentración, ás 11:30 diante da Consellaría de Educación
Logos das universidades galegas
A CIG convoca para esta mañá –mércores 5 de marzo–, ás 11:30 horas, unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres universidades galegas. No decurso da mesma presentarase, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique este “atropelo ilegal”.
28/2/2008 Programa de apoio a pais no rural
Logotipo de Preescolar na Casa
As e os traballadores de Preescolar na Casa, representados polo seu Comité de Empresa a nivel galego, amosan a súa preocupación pola posíbel retirada do apoio a este programa por parte da Consellaría de Educación.
15/1/2008 Concentración de delegados/as o mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas diante da Consellaría
Manifestación do Ensino en defensa da Xornada Única en Compostela.
O pasado 27 de decembro, as organizacións sindicais do ámbito do ensino, CIG-Ensino, CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF, presentaban diante do presidente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria un escrito para reclamar un novo proxecto de orde sobre implantación da xornada única e demandar unha entrevista con carácter de urxencia. Ante a falta de resposta da Consellaría acordaron, de forma unitaria, convocar unha concentración de delegados/as e buscar o apoio dos claustros, dos consellos escolares e das ANPAs.
9/1/2008 Afirma que o decreto 124/2007 debe cumprirse en todos os centros de ensino non universitario
Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, asegurou en rolda de prensa que o decreto 124/2007 de galeguización do ensino, promulgado o pasado verán, non se está a aplicar na maioría dos centros. Segundo os datos que manexa a asociación en defensa da lingua, os incumprimentos son especialmente graves no tocante ao idioma no que se imparten as aulas, e de xeito “masivo” en educación infantil.