marco
Artigos de opinión
O pacote do G20 vai conter a crise?
Umberto Martins
Reunida no último sábado (15) em Washington, a cúpula do G20, grupo composto pelas 20 maiores economias do mundo, sugeriu aos que governam o mu...
A dimensão do problema
Eduardo Bomfim
É importante considerar a verdadeira essência dos fenômenos surgidos da crise econômica internacional, originária da farra especulativa nos E...
Acerca da Cimeira de Washington
Julio C. Gambina
Algúns imaxinaron que a Cimeira de Washington sería un “Bretton Woods II”, a imaxe e semellanza do de 1944 cando ao final da segunda guerra ...
Reunião do G20: Um monumento à banalidade
Fernando J. Cardim de Carvalho
A impostura de Obama
Silvia Bermúdez Pérez
A nova esquerda alemã: Die Linke
João Alexandrino Fernandes
Correos
19/11/2008 Hai presentadas catro demandas xudiciais
Correos Fene 1
Sindicalistas da CIG de Ferrol concentráronse diante da Oficina Técnica de Correos de Fene, o 19 de novembro, para rexeitaren o comportamento que mantén o xefe de Distribución con traballadores, nomeadamente eventuais, os que ameaza, presiona e acosa. Xa hai catro demandas xudiciais presentadas.
4/7/2008 A sentenza recoñece que tanto a quilometraxe como a carga de traballo era excesiva
Logo Correos
O Xulgado do Social nº1 de Ferrol vén de revogar a sanción de suspensión de emprego e soldo dun mes á traballadora eventual de Correos que presta os seus servizos na zona do Seixo, dependente da Oficina de Fene. Correos deberá reporlle o salario de 1.301 euros que deixou de percibir no mes de abril, cando se cumpriu a sanción.
2/7/2008 Os combustíbeis aumentaron un 40% e Correos só subiu nun 4% a aportación pola utilización dos coches dos traballadores
Carteiros Rurais protestan na Coruña
Delegados da CIG-Correos de toda Galiza concentraranse en A Coruña o 2 de xullo diante da Delegación do Goberno español para reclamar a actualización dos suplidos por aportación do vehículo para os carteiros das zonas rurais que empregan o seu coche particular no reparto. Estes empregados chegan a pór até 100 euros mensuais do seu peto no desempeño do seu traballo.
26/6/2008 Anuncian unha campaña de mobilizacións contra a precariedade laboral
Correos campaña 1
Redución de persoal, salarios indecentes, precariedade laboral, procesos de contratación irregulares e redución do servizo de reparto coa aplicación do decreto polo que se crean os chamados ‘contornos especiais’. Así retrata CIG-Correos a situación laboral e a calidade do servizo desta entidade. Por iso vén de anunciar unha campaña de mobilizacións que se iniciou este mesmo xoves cunha concentración diante das dependencias que Correos ten en Compostela, neste caso, para denunciar o escurantismo nas contratacións de persoal eventual.
16/6/2008 A primeira concentración celebrouse o pasado xoves 12 de xuño
12/06/08 Correos Ames
CIG-Correos vén de pór en marcha unha campaña en demanda do reforzamento do cadro de persoal desta entidade no concello de Ames. A campaña comezou cunha concentración celebrada o pasado xoves, 12 de xuño e continuará con mobilizacións que se desenvolverán ao longo do ano.
1/3/2008 Exixiron un servizo público, galego e de calidade
Manifestación pola mellora da situación sociolaboral de Correos #1
Os traballadores e traballadoras de Correos, convocados por CIG-Correos, percorreron, o pasado xoves día 28 de febreiro, as rúas compostelás en demanda dunhas condicións laborais e salariais dignas. Ademais, exixiron que o servizo de Correos sexa público, galego e de calidade. A manifestación partiu ás 18:00 horas da Praza de Cervantes e rematou na Praza do Toural.