15/1/2008
Concentración de delegados/as o mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas diante da ConsellarÃa
O pasado 27 de decembro, as organizacións sindicais do ámbito do ensino, CIG-Ensino, CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF, presentaban diante do presidente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria un escrito para reclamar un novo proxecto de orde sobre implantación da xornada única e demandar unha entrevista con carácter de urxencia. Ante a falta de resposta da ConsellarÃa acordaron, de forma unitaria, convocar unha concentración de delegados/as e buscar o apoio dos claustros, dos consellos escolares e das ANPAs.
22/12/2007
Todas as organizacións sindicais esixen a retirada do proxecto
Na Mesa sectorial docente, celebrada o venres 21 de decembro, a CIG-Ensino e todas as organizacións sindicais mantiveron unha única posición esixÃndolle á ConsellarÃa a retirada do proxecto presentado para a regulamentación dos criterios para a implantación da xornada única.
20/12/2007
Exixen unha regulamentación menos restritiva
Con coplas animaron os delegados e delegadas asistentes a concentración convocada por CIG-Ensino na frÃa e chuviosa mañá do mércores 19 de decembro. Unha concentración na que se exixiu unha nova regulamentación menos restritiva para que os centros de Primaria e Infantil poidan acollerse á xornada única de ensino.